lunes, 11 de mayo de 2015

V ENTRERIOS 2015

O vindeiro 17 de Maio do 2015 as 9:00 horas celebraremos a V edición da Entreríos 2015.
E coma todolos anos:
- A ruta de BTT sairá dende a Ponte Romana de San Roque en Ponteareas para percorrer a ribeira do río Téa ata Salvaterra de Miño, e despois seguiremos pola ribeira do río Miño ata o pobo de Sela no concello de Arbo.  A ruta e de dificultade media e ten 33km.
- Tamén poderás facer unha ruta de sendeirismo As Neves-Sela que sairá dende a praza de As Neves as 9:30 e baixará ata a ribeira do río Miño para enlazar co roteiro que fan as bicicletas.A dificultade é baixa.

O chegar a Sela teremos que ir ata Vide onde os que queiran poderan quedar a comer con nos por o prezo de 10 euros, poderase traer acompañantes e os menores que teñan de 4 a 10 anos pagaran 3euros.  Teremos entrantes, churrasco,pan, auga , viño, postre e café.

Organiza Gabriel Durán Pedrosa coa colaboración do ACD Sanomedio, que encargarase da ruta da andaina.
Apuntate  para comer  antes do 11 de maio no tel: 657202864 ou 620916003. Contacta ante calquer dubida.
Os cartos que poidan sobras desta Entreríos seran doados para facer as carreiras de bicicletas e Marathón do 13 de Agosto en Vide, as que estades todos invitados a vir.